Deixádenos remar

17,30 IVA incluido

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro en que habitemos.
En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.

Categorías: ,
Ver carrito

Información del vendedor

  • ¡Aún no se han encontrado valoraciones!
  • Un amor

    17,90 IVA incluido
  • Quirke en San Sebastián

    19,90 IVA incluido
  • El mentalista

    23,90 IVA incluido
  • Recetas del mundo de Tolkien

    19,95 IVA incluido
  • Gambito de dama

    19,90 IVA incluido
  • O derradeiro libro de Emma Olsen (Novela Gráfica)

    19,50 IVA incluido